Sede electrónica Concello de Santa Comba

11:01:42 Martes 24 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar se non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade utilizarase para as verbenas e festas populares celebradas nun só municipio e sen instalacións nin escenarios móbiles.

Calquera persoa física que desexe comunicar a apertura dun establecemento ou a posta en marcha dunhas instalacións con destino a calquera uso distinto do de vivenda.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán ou dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • Memoria da actividade (Incluirá a lo menos os seguintes apartados: descrición da actividade, superficie e alturas, relación de maquinaria instalada no local, unidades e potencia instalada medida en Kw, existencia de almacén e, de selo caso, superficie do mesmo).
  • Planos de situación e emprazamento a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente.
  • Plano de planta, alzado e sección que representen o que se pretende facer, indicando as diferentes dependencias do local, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc., a escalas 1:100 ou 1:50 segundo o caso e instalacións de protección contra incendios.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Certificación expedida por técnico competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido, así coma as demais condicións previstas no Planeamento Urbanístico.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pagamento dos tributos municipais.
     

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter do silencio administrativo:
Silencio positivo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.