Sede electrónica Concello de Santa Comba

17:18:23 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo con a lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada, coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación.
  • Memoria da actividade (Incluirá a lo menos os seguintes apartados: descrición da actividade, superficie e alturas, relación de maquinaria instalada no local, unidades e potencia instalada medida en Kw, existencia de almacén e, de selo caso, superficie do mesmo).
  • Planos de situación e emprazamento a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente.
  • Plano de planta, alzado e sección que representen o que se pretende facer, indicando as diferentes dependencias do local, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc., a escalas 1:100 ou 1:50 segundo o caso e instalacións de protección contra incendios.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de persoal técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Certificación expedida por técnico competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido, así coma as demais condicións previstas no Planeamento Urbanístico.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.