Sede electrónica Concello de Santa Comba

17:32:21 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicacion previa de obra de adecuación de local para actividade

Con carácter previo ao inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración Municipal os seus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos esixibles para o inicio da obra ou instalación

Condicións xerais e específicas para as obras sometidas a Comunicacion Previa.

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio das obras, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
Logo de rematar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa de Obra de adecuación de local para actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • Descrición suficiente das características da obra de adecuación de local.
  • Memoria da actividade (Incluirá a lo menos os seguintes apartados: descrición da actividade, superficie e alturas, relación de maquinaria instalada no local, unidades e potencia instalada medida en Kw, existencia de almacén e, de selo caso, superficie do mesmo).
  • Planos de situación e emprazamento a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente.
  • Plano de planta, alzado e sección que representen o que se pretende facer, indicando as diferentes dependencias do local, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc., a escalas 1:100 ou 1:50 segundo o caso e instalacións de protección contra incendios.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Certificación expedida por técnico competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido, así coma as demais condicións previstas no Planeamento Urbanístico.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación Previa de Obra de Adecuación de Local para Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.