O procedemento de "Solicitude de axudas PEL-REACTIVA" ten por obxecto xestionar e controlar as axudas solicitadas polas persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo COVID-19, convocadas ao abeiro do FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES (PEL-Reactiva), do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. (Ver Bases)
A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello.
A contestación a requerimentos e a xustificación realizarase a través do procedemento de Achega de Documentación.
Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.
Requisitos das persoas beneficiarias
Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:
Requisitos específicos das persoas físicas
Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.
Requisitos específicos das persoas xurídicas
A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.
Exclusións
Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institución relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas xacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades carentes da mesma.
De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.
Desde o día 17/11/2020 ata ás 14:00 horas do día 25/11/2020.
(1) Deberá terse en conta as Comunicacións da Comisión Europea sobre Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19: (2020/C 91 I/01C/2020/1863) (DOUE C 91I do 20.3.2020), e modificacións do 3/04/2020, publicada no DOUE C 112I do04/04/2020), e do 12/05/2020, publicada no DOUE C 164 do 13/05/2020.