Sede electrónica Concello de Santa Comba

18:28:52 Luns 2 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria. Renovación de praza: 1-15 de marzo; Novo ingreso: 1-15 de abril;

Convocatoria Extraordinaria: Consultar art. 5.4 do Regulamento da E.I.M.

  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal
  • Documentación acreditativa da situación familiar
    • Fotocopia do Libro de Familia onde figure o/a alumno/a que solicita o ingreso.
    • Fotocopia do libro de familia numerosa.
    • Fotocopia do DNI ou do Pasaporte dos pais/nais, titores/as ou representantes legais.
    • Certificado de empadroamento ou convivencia no Concello de Santa Comba.
  • Documentación acreditativa de que o/a solicitante é familia monoparental:
    • No caso de separación matrimonial: Sentenza de separación/divorcio (é válido achegar copia cotexada da demanda onde se recolla o selo de entrada da demanda no Xulgado, sempre e cando á hora de formalizar a matrícula se presente na escola o convenio regulador aprobado polo Xulgado).
    • No caso de ruptura de parella de feito con fillos/as: Sentenza sobre medidas paterno-filiais onde se recollen as mesmas medidas que se ditan con respecto aos fillos/as no caso de rupturas matrimoniais.
    • No caso de fillos/as non recoñecidos, o propio libro de familia será proba de monoparentalidade.
    • No caso dalgunha deficiencia ou enfermidade alegada polos membros da unidade familiar: certificado expedido polo organismo correspondente.
    • No caso de nenos e nenas con discapacidade: deficiencia física, psíquica ou sensorial,: informe do organismo competente.
    • Outros documentos, se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo.
    • Informe dos Servizos Sociais nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que viva a unidade familiar.
  • Documentación acreditativa da situación económica:
    • Copia cotexadas da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
    • Os/as profesionais autónomos acreditarán tamén os pagamentos do recibo de autónomos.
    • Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de quen exerza a patria potestade.
  • Documentación acreditativa da situación laboral.
    • Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude.
    • Certificado do INEM que acredite se está en paro ou se recibe algún tipo de prestación. (Este certificado renovarase cada tres meses)

NOTAS ACLARATORIAS

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado terase por decaída a solicitude de praza logo da resolución para este efecto.

No caso de que a solicitude non reuna os requisitos exisidos, o Concello, consorte ao artigo 71 da Lei 30/92, do 26 de Novembro de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, requerirá o interesado para que nun prazo de 10 días, corrixa os erros detectados ou engada os documentos necesarios.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.